musicas.mus.br

Letras de mĂşsicas - letra de mĂşsica - letra da mĂşsica - letras e cifras - letras traduzidas - letra traduzida - lyrics - paroles - lyric - canciones - .€‹.€‹.€‹E NA NOVENA ONDA CAERON OS DEUSES - MILETH - mĂşsica e letra

Utilize o abecedário abaixo para abrir as páginas de letras dos artistas

A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z

.​.​.​E Na Novena Onda Caeron Os Deuses letra


Arriba ao teu lar
Compás é teu sangrar
Vermello o rumbo do remar.
Quebrará Nuadha nos cantos crueis.
A lanza de Lug,eclipsada Ă©
Loitan os remos nas bravas augas
Mitos que emigran pola vinganza
Irmáns da dor bátense en ira
Quebra a arcana Galicia.

Enigma sen horizonte, ilumĂ­nate a lĂşa.
GuĂ­ante os mortos cara unha terra nĂşa
Invoca á nova nai baixo tres caras:
Eiru, Fodla, Banba!
Ousados fillos de Mil,
Inis Ealga invocan para si.
Rapsodia de Aimergin:
Na novena onda voltará Ith.

Na pedra de Fál
Novos reis,
Do Caldeiro de Dagda
Brotará hidromel
Crisol de palabras sen batalla
Naufraga o trance da vinganza
Nove ondas verdes, nove augas,
No seu Ăştero morre Dana

Ventos fronte o forzado xerminar,
Invocan dagas sobre os reis de Temair
Seducida dama, deixa penetrar
Eremon, Eber, no hĂşmido lar
Ousados fillos de Mil,
Inis Ealga invocan para si.
Rapsodia de Aimergin:
Na novena onda voltará Ith.

Quen limpa o pétreo altar?
Quen onde se pon o sol?
Quen é salmón nas montañas?
Quen Ă© valoroso boi?
Quebra a espada de Nuadha
Sobre os nosos cantos crueis
Lug non sacia ao astro sol
Novo Ogham para os Gaels

Quen dá nome as montañas?
Quen mora súas entrañas?
Que bardo vitorias canta?
Que sátiro poemas cala?
A pedra de Fál berra
O nome dos novos reis.
Do Caldeiro de Dagda
Brota a feixe o hidromel

Lai, la, la, la, ra,
Lai, la, la, la, ra,
Lai, la, la, la, ra,
La, ra, la, ra, lai
Cantos ao Norte,
EnvĂłlvenme as augas da morte,
Penetran en min as espadas,
Esquecendo a vosa Brigantia
Na novena onda

Lai, la, la, la, ra,
Lai, la, la, la, ra,
Lai, la, la, la, ra,
La, ra, la, ra, lai.

Mileth - Letras

top 30 mĂşsicas

©2003 - 2024 - musicas.mus.br